VISITA AO CAMPUS UNIVERSITARIO DE VIGO

O pasado venres 20 de abril, despois de ter sido anulada a nosa visita ao Cuvi por temporal no mes de marzo, acudimos co alumnado de 2° bacharelato ao campus universitario para coñecer de primeira man algúns graos, a zona e o ambiente deste.

Visitamos as áreas de ciencias sociais e humanidades, filoloxías, economía e dereito, e tecnolóxica, con minas, telecomunicacións e enxeñerías, divididos en dous grupos segundo intereses académicos.




Recibironnos nas distintas facultades con charlas específicas por parte de profesorado e algún alumnado destes graos universitarios.

Esta actividade forma parte do programa de orientación académico-profesional do Dpto. de orientación. Acudimos as profes Chus Leis e María Lorenzo e máis a orientadora.



Esperamos seguir realizandoa en vindeiros cursos e gustaríanos que fose unha visita máis práctica e con menos charlas teóricas.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

PROMOCIÓN DA SAÚDE MENTAL: ÚLTIMA SESIÓN FPB

BLOGS ORIENTACIÓN

PROTOCOLO - TRATAMENTO EDUCATIVO DO ALUMNADO CON TRASTORNO DO ESPECTRO DO AUTISMO (TEA)