CHARLA SAÚDE MENTAL-ASOCIACIÓN LENDA

O pasado martes 10 de abril tivemos no IES a psicóloga Maica Álvarez, da Asociación Lenda, e a Jaime Viqueira, usuario desta.



Ambos contaron ao alumnado de 2° Bacharelato da materia de Psicoloxía aspectos moi interesantes sobre a saúde mental, nunha exposición cargada de sentido do humor, que como comentaron, é imprescindible para poder seguir adiante coa vida diaria dun xeito máis saudable.


Coñecimos algúns dos estigmas que sofren as persoas con enfermidades mentais na nosa sociedade, cales son os tratamentos e terapias coas que podemos contar e como, por exemplo, se dan diferencias significativas por razóns de xénero no tratamento destas enfermidades.



Queremos agradecer a Maica e, moi especialmente, a Jaime a súa xenerosidade nesta colaboración con nós.

A asociacion Lenda de Redondela forma parte da federación de persoas con enfermidade mental, FEAFES, e conta cunha sede e un centro ocupacional nesta localidade.

Seguiremos en contacto!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

PROMOCIÓN DA SAÚDE MENTAL: ÚLTIMA SESIÓN FPB

BLOGS ORIENTACIÓN

PROTOCOLO - TRATAMENTO EDUCATIVO DO ALUMNADO CON TRASTORNO DO ESPECTRO DO AUTISMO (TEA)