Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2018

ADICCIÓN ÁS NOVAS TECNOLOXÍAS

Imaxe
Este xoves 26 de abril, ás 19h, esperámosvos na biblioteca do Floriani con esta interesante charla interactiva impartida pola educadora de Érguete Vigo. Forma parte das actividades da Escola de pais e nais organizada neste curso polo departamento de orientación. Deixamosvos tamén aquí un enlace á entrevista publicada hoxe na Voz de Galicia en relación con este tema tan de actualidade.

FELIZ DÍA DO LIBRO

Imaxe
23 de abril. Feliz día do libro!

VISITA AO CAMPUS UNIVERSITARIO DE VIGO

Imaxe
O pasado venres 20 de abril, despois de ter sido anulada a nosa visita ao Cuvi por temporal no mes de marzo, acudimos co alumnado de 2° bacharelato ao campus universitario para coñecer de primeira man algúns graos, a zona e o ambiente deste. Visitamos as áreas de ciencias sociais e humanidades, filoloxías, economía e dereito, e tecnolóxica, con minas, telecomunicacións e enxeñerías, divididos en dous grupos segundo intereses académicos. Recibironnos nas distintas facultades con charlas específicas por parte de profesorado e algún alumnado destes graos universitarios. Esta actividade forma parte do programa de orientación académico-profesional do Dpto. de orientación. Acudimos as profes Chus Leis e María Lorenzo e máis a orientadora. Esperamos seguir realizandoa en vindeiros cursos e gustaríanos que fose unha visita máis práctica e con menos charlas teóricas.

REUNIÓN DO EQUIPO DE MEDIACIÓN

Imaxe
Hoxe tivemos a reunión deste terceiro trimestre do equipo de mediación do IES (botamos de menos aos que non puideron vir). Aproveitamos para quedar a comer e revisar, despois, como se desenvolveron as últimas actuacións, que cousas podemos mellorar e nos organizamos para dar información a alumnado interesado en formarse como mediadores/as. O máis importante para o final: decidir a excursión que faremos neste curso :) Grazas a todos/as!

ESCOLA DE NAIS E PAIS. ADICCIÓN ÁS NOVAS TECNOLOXÍAS

Imaxe
A xornada do terceiro trimestre da Escola de nais e pais chega ao IES o próximo xoves 26 de abril, ás 19h. Será a última deste curso e creemos que de gran interese pola súa temática. A organizamos con Érguete e será impartida pola psicóloga Noa Pereiro. Esperámosvos!

CHARLA SAÚDE MENTAL-ASOCIACIÓN LENDA

Imaxe
O pasado martes 10 de abril tivemos no IES a psicóloga Maica Álvarez, da Asociación Lenda, e a Jaime Viqueira, usuario desta. Ambos contaron ao alumnado de 2° Bacharelato da materia de Psicoloxía aspectos moi interesantes sobre a saúde mental, nunha exposición cargada de sentido do humor, que como comentaron, é imprescindible para poder seguir adiante coa vida diaria dun xeito máis saudable. Coñecimos algúns dos estigmas que sofren as persoas con enfermidades mentais na nosa sociedade, cales son os tratamentos e terapias coas que podemos contar e como, por exemplo, se dan diferencias significativas por razóns de xénero no tratamento destas enfermidades. Queremos agradecer a Maica e, moi especialmente, a Jaime a súa xenerosidade nesta colaboración con nós. A asociacion Lenda de Redondela forma parte da federación de persoas con enfermidade mental, FEAFES, e conta cunha sede e un centro ocupacional nesta localidade. Seguiremos en contacto!

DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO

Imaxe
O 2 de abril conmemorase o día do autismo. Tódolos anos contamos con algunha campaña que pinta de azul esta xornada para que deamos visibilidade a un trastorno presente no día a día de moitas familias e centros educativos. Deixamosvos aquí un enlace á páxina da federación galega de autismo onde nos explican esta campaña así como algunhas das barreiras coas que se atopan estas persoas na nosa sociedade.