CLASES SEN FUME

O alumnado de 1º ESO participa este curso no programa Clases sen fume da Consellería de Sanidade. Este programa pretende concienciar sobre o dano para a saúde do consumo de tabaco e previr o inicio neste.


A participación do alumnado consiste na elaboración de dúas actividades que irán a concurso: nunha primeira fase a elaboración dun "slogan", que podedes ver a continuación, e unha segunda fase, de presentación dunha actividade dixital elaborada polos grupos. A profesora da materia "Promoción de estilos de vida saudable", Cristina, coordina estas actividades xunto coa orientadora e a colaboración das titoras.

Slogan elaborado por 1º ESO A

Slogan elaborado por 1º ESO B

Dentro do programa ademais, puidemos contar coa charla da doctora da Consellería de Sanidade, Victoria, que foi moi clara e instrutiva. 






Grazas por contarnos cousas tan interesantes e responder ás nosas dúbidas!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

PROMOCIÓN DA SAÚDE MENTAL: ÚLTIMA SESIÓN FPB

BLOGS ORIENTACIÓN

PROTOCOLO - TRATAMENTO EDUCATIVO DO ALUMNADO CON TRASTORNO DO ESPECTRO DO AUTISMO (TEA)