CHARLA-OBRADOIRO PRIMEIROS AUXILIOS

Esta mañá tivemos no Floriani unha charla impartida pola docente da Cruz Vermella de Pontevedra sobre técnicas básicas de primeiros auxilios.



Estivo dirixida ao alumnado do módulo de FOL das dúas familias de FP do IES así como ao alumnado de 4°ESO de ensinanzas aplicadas, da materia Iniciación á actividade empresarial, xa que ambos teñen contidos de Prevención de riscos laborais e os profes Marisa e Iván tiñan moito interese nesta formación complementaria.





Agradecer ao persoal da Cruz Vermella Pontevedra a súa dispoñibilidade e bo facer. Esperamos poder repetir esta interesante actividade con máis grupos.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

PROMOCIÓN DA SAÚDE MENTAL: ÚLTIMA SESIÓN FPB

BLOGS ORIENTACIÓN

PROTOCOLO - TRATAMENTO EDUCATIVO DO ALUMNADO CON TRASTORNO DO ESPECTRO DO AUTISMO (TEA)