VISITA DO IES ILLA DE SAN SIMÓN

O pasado venres tivemos o pracer de recibir a visita do alumnado de 4º ESO do veciño IES Illa de San Simón.


Alumnos e alumnas, acompañados por Noemí, a súa orientadora, e dous profesores, atenderon á explicación da nosa oferta educativa e de actividades xerais no salón de actos, para pasar despois a unha visita guiada polas instalacións do Floriani. Rematamos a xornada coa visita á biblioteca e un pincho de media mañá. 




Esperamos que a visita servira para coñecer un pouco mellor o espírito integrador e aberto que temos no centro e para orientar ao alumnado na toma de decisións futuras cara aos nosos bacharelatos ou ciclos formativos.



Comentarios

Publicacións populares deste blog

PROMOCIÓN DA SAÚDE MENTAL: ÚLTIMA SESIÓN FPB

BLOGS ORIENTACIÓN