COMEZO DO PROA 2018

Co entroido de por medio comezaron as clases do Programa de Reforzo, Orientación e Apoio deste curso no IES. Este programa enmárcase dentro das actuacións dos Contratos-Programa que a Consellería de educación oferta cada ano.

Decidimos nesta ocasión, tras facer unha análise dos grupos e do alumnado co equipo directivo e cos titores e titoras, organizar as clases de apoio das tardes para o alumnado de 1º ESO.

As clases impártense dous días á semana, cunha duración de 2 horas por día. Esta semana podemos dicir que comeza xa a tempo completo. O horario deste curso é o seguinte:

  • Martes e Xoves de 16:50 a 18:50 horas.
Esperamos que o alumnado mellore nas competencias lingúísticas e matemáticas, así como na organización e técnicas de estudo de xeito xeral!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

PROMOCIÓN DA SAÚDE MENTAL: ÚLTIMA SESIÓN FPB

BLOGS ORIENTACIÓN

PROTOCOLO - TRATAMENTO EDUCATIVO DO ALUMNADO CON TRASTORNO DO ESPECTRO DO AUTISMO (TEA)