CHARLA SOBRE RISCOS DE INTERNET - 1º ESO

Hoxe tivemos a última das charlas deste curso sobre Internet e os seus riscos cos grupos de 1º ESO. 

De novo, Mercedes Dabán, Subinspectora da Policía Nacional de Vigo, contou todo tipo de riscos, anécdotas e exemplos do que pode acontecer co mal uso da rede Internet, sobre todo, a través das redes sociais.



Esta vez co alumnado de 1º ESO, moi atentos/as e participativos/as en todo momento. Xurdiron moitas preguntas, algunhas sorpresas e resultou unha xornada moi interesante, que esperamos seguir repetindo o próximo curso no IES.



Non debemos esquecer que este alumnado non ten idade legalmente permitida para ter contas en redes sociais e demais, sendo os proxenitores os responsables últimos dos seus actos nesas plataformas. Por outra banda, sabemos que están nun rango de idade susceptible de sufrir danos por intromisión doutros na súa intimidade, polo que deberían ser especialmente protexidos os seus datos persoais e de imaxe.

Deixámosvos cunha reflexión: na charla preguntouse cantos dos presentes xogaban a un videoxogo online para maiores de 18 anos, e houbo unhas cantas mans levantadas... Xogos con contidos violentos, nos que se pode interactuar por chat con persoas decoñecidas e nos que hai que confirmar ser maior de idade.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

PROMOCIÓN DA SAÚDE MENTAL: ÚLTIMA SESIÓN FPB

BLOGS ORIENTACIÓN