CHARLA DA UNIVERSIDADE DE VIGO

O pasado xoves, 8 de febreiro, tivemos no Floriani, dentro das actividades do Programa de Orientación Académica e Profesional do IES, unha charla impartida por Ricardo Corderí, Xefe do Servizo de Extensión Universitaria da UVIGO, para o alumnado de Bacharelato, onde coñecimos de primeira man os graos que se imparten nos 3 campus da universidade (Vigo, Pontevedra e Ourense), as posibilidades do estudo de idiomas, de estudar unha parte da carreira noutras cidades ou países a través de distintos programas, as bolsas de axudas para o estudo, etc.


Ricardo lembrounos a importancia das decisións que se toman na etapa de bacharelato para o futuro do alumnado, e aconsellounos "ser egoístas" nesas decisións, non decidindo segundo o fagan amizades ou incluso por vocacións familiares e non propias.




Comentarios

Publicacións populares deste blog

PROMOCIÓN DA SAÚDE MENTAL: ÚLTIMA SESIÓN FPB

BLOGS ORIENTACIÓN