Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2018

VISITA DO IES ILLA DE SAN SIMÓN

Imaxe
O pasado venres tivemos o pracer de recibir a visita do alumnado de 4º ESO do veciño IES Illa de San Simón. Alumnos e alumnas, acompañados por Noemí, a súa orientadora, e dous profesores, atenderon á explicación da nosa oferta educativa e de actividades xerais no salón de actos, para pasar despois a unha visita guiada polas instalacións do Floriani. Rematamos a xornada coa visita á biblioteca e un pincho de media mañá.  Esperamos que a visita servira para coñecer un pouco mellor o espírito integrador e aberto que temos no centro e para orientar ao alumnado na toma de decisións futuras cara aos nosos bacharelatos ou ciclos formativos.

COMEZO DO PROA 2018

Co entroido de por medio comezaron as clases do P rograma de Reforzo, Orientación e Apoio deste curso no IES. Este programa enmárcase dentro das actuacións dos Contratos-Programa que a Consellería de educación oferta cada ano. Decidimos nesta ocasión, tras facer unha análise dos grupos e do alumnado co equipo directivo e cos titores e titoras, organizar as clases de apoio das tardes para o alumnado de 1º ESO. As clases impártense dous días á semana, cunha duración de 2 horas por día. Esta semana podemos dicir que comeza xa a tempo completo. O horario deste curso é o seguinte: Martes e Xoves de 16:50 a 18:50 horas . Esperamos que o alumnado mellore nas competencias lingúísticas e matemáticas, así como na organización e técnicas de estudo de xeito xeral!

CHARLA SOBRE RISCOS DE INTERNET - 1º ESO

Imaxe
Hoxe tivemos a última das charlas deste curso sobre Internet e os seus riscos cos grupos de 1º ESO.  De novo, Mercedes Dabán , Subinspectora da Policía Nacional de Vigo, contou todo tipo de riscos, anécdotas e exemplos do que pode acontecer co mal uso da rede Internet, sobre todo, a través das redes sociais. Esta vez co alumnado de 1º ESO, moi atentos/as e participativos/as en todo momento. Xurdiron moitas preguntas, algunhas sorpresas e resultou unha xornada moi interesante, que esperamos seguir repetindo o próximo curso no IES. Non debemos esquecer que este alumnado non ten idade legalmente permitida para ter contas en redes sociais e demais, sendo os proxenitores os responsables últimos dos seus actos nesas plataformas. Por outra banda, sabemos que están nun rango de idade susceptible de sufrir danos por intromisión doutros na súa intimidade, polo que deberían ser especialmente protexidos os seus datos persoais e de imaxe. Deixámosvos cunha reflexió

ENTROIDO 2018

Imaxe
Como sabemos, os últimos estudos en neurociencia afrman que sen emoción non hai aprendizaxe . Técnicas como o traballo por proxectos e cooperativo, xunto con motivación e certo grao de creatividade, axúdannos a acadar esa aprendizaxe significativa. De todo iso houbo no Floriani neste mes previo ao entroido. O tema: Bollywood .   Un trociño da cultura india: películas, libros, comida, a súa espiritualidade, e todo o que engloba este milenario e rico país, tiveron presencia no IES durante estes días.  Como colofón, o venres 9 de febreiro celebramos o Entroido con actuacións, premios aos mellores disfraces, e non faltou unha coreografía típica bollywoodiense... NAMASTE 🙏

CHARLA DA UNIVERSIDADE DE VIGO

Imaxe
O pasado xoves, 8 de febreiro, tivemos no Floriani, dentro das actividades do Programa de Orientación Académica e Profesional do IES, unha charla impartida por Ricardo Corderí , Xefe do Servizo de Extensión Universitaria da UVIGO , para o alumnado de Bacharelato , onde coñecimos de primeira man os graos que se imparten nos 3 campus da universidade (Vigo, Pontevedra e Ourense), as posibilidades do estudo de idiomas, de estudar unha parte da carreira noutras cidades ou países a través de distintos programas, as bolsas de axudas para o estudo, etc. Ricardo lembrounos a importancia das decisións que se toman na etapa de bacharelato para o futuro do alumnado, e aconsellounos "ser egoístas" nesas decisións, non decidindo segundo o fagan amizades ou incluso por vocacións familiares e non propias.

PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE FP

Imaxe
A Consellería de Educación publicou o borrador da Orde do 22 de xaneiro de 2018 pola que se convocan as probas de acceso a ciclos de grao medio e grao superior para este curso. Para o acceso ás probas de Grao Medio as persoas solicitantes deben ter 17 anos ou cumprilos neste ano. Para o acceso ás probas de Grao Superior as persoas solicitantes deberán ter 19 anos cumpridos ou cumprilos neste ano. PRAZOS DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: - Acceso a grao superior: do 8 ao 23 de febreiro. - Acceso a grao medio: do 12 ao 23 de marzo. DATAS DAS PROBAS: - Acceso a grao superior: 19 de abril. - Acceso a grao medio: 31 de maio. + info .