OBRADOIRO DE PREVENCIÓN DE DROGODEPENDENCIAS- REXURDIR

Neste mes de xaneiro comezaron no IES os obradorios sobre Prevención de drogodependencias, que imparte a Asociación Rexurdir de Marín e se desenvolverán ao longo deste 2º trimestre. 

Nas horas de titoría da ESO e FP básica, contaremos con algunhas sesións desenvolvidas polas educadoras da asociación, onde se tratarán temas como: habilidades sociais básicas, empatía, asertividade, actividades alternativas ao consumo de substancias prexudiciais, etc.

Grazas a Verónica e Patricia, responsables do programa, e aos titores e titoras pola súa colaboración.




Comentarios

Publicacións populares deste blog

PROMOCIÓN DA SAÚDE MENTAL: ÚLTIMA SESIÓN FPB

BLOGS ORIENTACIÓN