FP E EMPREGABILIDADE

A Voz de Galicia publica hoxe un interesante artigo sobre as taxas de emprego na nosa comunidade en relación coas titulacións de Formación Profesional coas que contamos no sistema educativo. Os datos expostos xurden da enquisa bianual que elabora a Consellería de Educación.

Os datos son chamativos, si ben é certo que temos que ter en conta a temporalidade deses contratos dos que se fala no artigo, sobe todo, nos sectores máis demandados, como son o da construción e o sector servizos, con Hostelería e turismo á cabeza.

A familia de Administración e xestión, impartida no IES Pedro Floriani, é na que máis rápido atopan traballo os titulados/as e unha das que conta con maior presenza de mulleres.

Na táboa preséntanse as titulacións máis ou menos demandadas segundo diversos factores.


Fonte: Voz de Galicia

Comentarios

Publicacións populares deste blog

PROMOCIÓN DA SAÚDE MENTAL: ÚLTIMA SESIÓN FPB

BLOGS ORIENTACIÓN