Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2018

SAÍDA DE FP BÁSICA Á PROXECCIÓN DE "VIDA", EN VIGO

Imaxe
Hoxe mércores, tivemos a sorte de acudir co alumnado de FP básica de Electricidade e electrónica e Administrativo e os seus titores/as á proxección do documental "Vida, máis ca vida" e a posterior curtametraxe "Vida" , do director e actor galego Rubén Riós . A actividade tivo lugar no auditorio Afundación de Vigo, e foi o propio director quen explicou, moi intimamente, como xurdiu este proxecto e porque o levou a cabo deste xeito. Na curtametraxe participan actrices e actores recoñecidos por todos, así como xente anónima, con diversas discapacidades. O documental previo recolle o proceso de selección das persoas que participan, as súas ilusións, os seus medos e a forma en que superaron con éxito as súas dificultades. Ao final das proxeccións, a presenza dos protagonistas da obra foi fantástica, así como o diálogo que se produciu co público, moi cercano e emocionado.

OBRADOIRO DE PREVENCIÓN DE DROGODEPENDENCIAS- REXURDIR

Imaxe
Neste mes de xaneiro comezaron no IES os obradorios sobre Prevención de drogodependencias, que imparte a Asociación Rexurdir de Marín e se desenvolverán ao longo deste 2º trimestre.  Nas horas de titoría da ESO e FP básica , contaremos con algunhas sesións desenvolvidas polas educadoras da asociación, onde se tratarán temas como: habilidades sociais básicas, empatía, asertividade, actividades alternativas ao consumo de substancias prexudiciais, etc. Grazas a Verónica e Patricia, responsables do programa, e aos titores e titoras pola súa colaboración.

"O SON DO AR" NO DÍA DA PAZ

Imaxe
Compartimos unha das interpretacións musicais do noso alumnado, da que disfrutamos onte polo día da paz do Floriani.

DÍA DA PAZ. GRAZAS MEDIADORES/AS!

Imaxe
Lara, Lucía, Michele, Laura, Joel, David, Pablo, Sergio, Raquel, Manuel, Irene e Javier. Moitas grazas aos alumnos e alumnas do noso equipo de mediación, sempre dispostos a colaborar e traballar na mellora da convivencia!

DÍA ESCOLAR DA NON-VIOLENCIA E A PAZ

Imaxe
Hoxe, 30 de xaneiro, celébrase o Día internacional da non-violencia e da paz.  No  Pedro Floriani conmemoramos este día dando protagonismo durante a xornada ao Equipo de mediación do instituto. Houbo un "stand" de mediación, onde alumnos e alumnas podían recibir información acerca do seu funcionamento a través dos propios mediadores/as. Ademais, ás 12:00 horas, entre as dúas representacións musicais que organizou o profesor de música, Álvaro, os nosos mediadores máis veteranos leeron unhas frases pola paz e a tolerancia no patio. Grazas a todos e todas por participar!!!

A RIQUEZA DA DIVERSIDADE

Imaxe
Interesante artigo da sección educativa do xornal "El País" acerca da riqueza que aporta a diversidade de capacidades na educación formal. Parece complexo, e pouco adecuado incluso, que os alumnos/as que teñen boas capacidades, e saben aplicalas, teñan que convivir na aula con outros alumnos e alumnas con máis dificultades, máis lentos ou, pola contra, demasiado activos. Sen embargo, s er conscientes das dificultades dos demais, e tratar de que as diferenzas se comprendan e acepten, fai aos nenos e nenas máis tolerantes. Imaxe: Wes Anderson Collection "Tal vez a los niños se les olvide la historia o las naturales, pero los aprendizajes derivados de una convivencia normal con otros niños con necesidades diferentes, seguro que son aprendizajes que perduran a lo largo de sus vidas". Podedes ler o artigo completo premendo aquí .

PROBAS PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE BACHAREL

A Resolución do 9 de xaneiro de 2018 , da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, convoca a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos e dita instrucións para á súa realización. O prazo de presentación das solicitudes será entre o 23 de febreiro e o 9 de marzo de 2018 .  A proba realizarase o día 20 de abril de 2018 en sesións de mañá e tarde no IES San Clemente de Santiago de Compostela . Para máis información preme aquí .

PROBAS PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE GRADUADO EN ESO

A Consellería de Educación ven de publicar a Resolución do 9 de xaneiro de 2018 , da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convocan as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de maio e setembro, e se ditan instrucións para a súa realización. Os prazos de matrícula serán: Convocatoria de maio : 12 ao 23 de marzo de 2018 , ambos os dous incluídos. Convocatoria de setembro : 2 ao 9 de xullo de 2018 , ambos os dous incluídos. Para máis información preme aquí .

FORMACIÓN SOBRE URXENCIAS SANITARIAS PARA FAMILIAS

Imaxe
A Consellería de Educación ofrece ás familias a posibilidade de asistir a unha formación de 9 horas sobre atención a urxencias sanitarias , que será impartida por persoal do 061 . Esta formación desenvolverase no CFR de Vigo (Camiño do Chouzo nº 2, edificio do IME) os días 19 e 26 de febreiro, e 5 de marzo en horario de 16:30 a 19:30. Para facer a inscrición hai que chamar ao teléfono do CFR de Vigo ( 986202370) ata o día 9 de febreiro. A selección dos participantes farase por orde de recepción das solicitudes ata cubrir 20 prazas .

FP E EMPREGABILIDADE

Imaxe
A Voz de Galicia publica hoxe un interesante artigo sobre as taxas de emprego na nosa comunidade en relación coas titulacións de Formación Profesional coas que contamos no sistema educativo. Os datos expostos xurden da enquisa bianual que elabora a Consellería de Educación. Os datos son chamativos, si ben é certo que temos que ter en conta a temporalidade deses contratos dos que se fala no artigo, sobe todo, nos sectores máis demandados, como son o da construción e o sector servizos, con Hostelería e turismo á cabeza. A familia de Administración e xestión, impartida no IES Pedro Floriani, é na que máis rápido atopan traballo os titulados/as e unha das que conta con maior presenza de mulleres. Na táboa preséntanse as titulacións máis ou menos demandadas segundo diversos factores. Fonte: Voz de Galicia

ENTROIDO 2018

Imaxe
Algo se está a cocer no Floriani...

ACREDITACIÓN DE COMPETENCIAS 2018

Imaxe
A Consellería de Educación publicou a  Orde do 29 de decembro de 2017, pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia. A través desta, as persoas interesadas poderán solicitar participar no proceso de acreditación de competencias do seguinte xeito : A solicitude de participación deberá presentarse en soporte papel na secretaría do centro (sede) onde se vaia desenvolver o procedemento e farase empregando a aplicación informática subministrada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que se atopa no enderezo http://www.edu.xunta.es/acreditacion . Esta aplicación estará activa a partir do 10 de xaneiro de 2018.  A solicitude, logo de ser cuberta e xerada pola aplicación, deberase imprimir para ser entregada no Centro Integrado de Formación Profesional (sede) onde se vaia desenvolver o procedemento.  Os datos relacionados coa documentación xustificat

FELIZ ANO 2018!

Imaxe
O vento da ría vai virando as follas de cada emoción (Manuel Antonio).  Co desexo dun novo ano cheo de novas aprendizaxes e bos momentos.