ESCOLA DE NAIS E PAIS: AS NOVAS TECNOLOXÍAS E OS SEUS RISCOS

Onte, martes 12 de decembro, tivemos a primeira sesión da Escola de nais e pais deste curso no IES. 

Dende as 18:00 horas asistimos á charla impartida pola Subinspectora da Policía Nacional, Mercedes Dabán, acerca das novas tecnoloxías. Canto aprendimos! Como ela contaba, e lle pasara nunha charla cunha alumna, pensamos que xa o sabemos todo pero que va...

Sexting, Phising, Grooming, Cyberbullying e unha serie de "ings" e outros termos case impronunciables, que non son máis que termos que definen diversos delitos que se cometen a través da rede Internet, sobre todo, a través de chats e redes sociais. 

A gravidade destes delitos é maior cando falamos de menores. Menores infractores e menores vítimas, onde son as familias as responsables finais de posibles multas e as responsables principais dun mal uso, sen control parental, destas redes por parte dos fillos e fillas. 

Que complexo é afastarse desta voráxine das novas tecnoloxías na actualidade. Sobre isto debatemos cara ao final da sesión, nun interesante diálogo que se estendeu máis alá do previsto.

Ademais de coñecer estes delitos, vimos as súas consecuencias legais e moitos exemplos de casos cercanos que nos dan unha idea do que está ocorrendo. Sabedes que os menores de 14 anos, legalmente, non poden ter conta de correo electrónico, Whatsapp, Facebook, Instagram...

Deixámosvos algunhas fotos da sesión e o acceso a unha páxina web moi interesante da que nos falou a relatora, onde podemos resolver todas as nosas dúbidas acerca do tema: Instituto Nacional de Ciberseguridade de España.

Moitas grazas a Mercedes pola súa dedicación nesta charla e as aportacións tan interesantes que fixo. Grazas á profe Contxita pola súa presenza e moitísimas grazas aos pais e nais que puidechedes acudir á charla (que non sería posible sen vos).














Comentarios

Publicacións populares deste blog

PROMOCIÓN DA SAÚDE MENTAL: ÚLTIMA SESIÓN FPB

BLOGS ORIENTACIÓN