EQUIPO DE MEDIACIÓN: ENCONTRO CO IES A GUÍA

O pasado luns, 18 de decembro pola tarde, tivemos no Floriani a visita dun grupo de alumnado axudante do IES A Guía de Vigo, acompañados polo seu orientador, Fran, e a profesora de francés.

A sesión pretendía o achegamento deste alumnado ás funcións desenvolvidas polo noso equipo de mediación no que levamos de curso. Mostrámoslles o que fixemos en canto a formación, a través dunha breve presentación, e os nosos mediadores e mediadoras contaron de primeira man as experiencias levadas a cabo e como foron resultando.

Temos que agradecer o bo facer do noso alumnado, que tan ben reflexou o traballo do equipo e, como non, a visita destes rapaces e rapazas que se están formando no proceso mediador xunto co seu orientador.

Esperamos seguir colaborando, agora tocanos a nos visitar A Guía!

Aquí tedes un resumo fotográfico da xornada.








Comentarios

Publicacións populares deste blog

PROMOCIÓN DA SAÚDE MENTAL: ÚLTIMA SESIÓN FPB

BLOGS ORIENTACIÓN

PROTOCOLO - TRATAMENTO EDUCATIVO DO ALUMNADO CON TRASTORNO DO ESPECTRO DO AUTISMO (TEA)