DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

O 3 de decembro conmemórase o Día internacional das persoas con discapacidade. Este ano, en Galicia, diversas asociacións promoveron o lema #baixoomesmoparaugas, e as rúas das cidades enchéronse de xente con paraugas de cores.

Dende o sistema educativo debemos ter en conta a diversidade de capacidades e apostar pola inclusión do alumnado. As leis educativas apostan pola equidade e a inclusión, pero todavía queda moito camiño por andar e se precisan máis recursos para poder levala a cabo de xeito efectivo.

No IES Pedro Floriani, esta pasada semana, contamos coa sorte da visita do equipo de baloncesto en cadeira de rodas, AMFIV, que xunto co alumnado de ESO e Bacharelato pasou a xornada xogando a este deporte no pavillón do centro. Podedes ver máis sobre esta visita neste enlace á páxina de Facebook do IES.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

PROMOCIÓN DA SAÚDE MENTAL: ÚLTIMA SESIÓN FPB

BLOGS ORIENTACIÓN

PROTOCOLO - TRATAMENTO EDUCATIVO DO ALUMNADO CON TRASTORNO DO ESPECTRO DO AUTISMO (TEA)