CHARLA DE ORIENTACIÓN ACADÉMICA: USC

O mércores 20 de decembro tivemos o pracer de recibir no IES ao profesor da Facultade de Matemáticas D. Celso Rodríguez Fernández, que foi decano desa facultade e vicerretor de estudantes da Universidade de Santiago de Compostela.


Esta charla enmárcase dentro das actividades do Programa de Orientación Académica e Profesional organizadas polo Departamento de Orientación para este curso.

Foi unha sesión moi interesante e amena, onde o alumnado de 1º e 2º de bacharelato coñeceu os graos universitarios que se imparten na USC, nos campus de Santiago e Lugo, a oferta tan ampla desta universidade en canto a actividades complementarias, deportivas e de ocio, idiomas, residencias e bolsas. Ao final da sesión falamos brevemente do acceso á universidade e das novas notas de corte das distintas facultades.




Grazas ao relator pola súa entretida exposición e ás titoras de 2º de bacharelato e ao profesorado desa sesión pola súa colaboración.





Comentarios

Publicacións populares deste blog

PROMOCIÓN DA SAÚDE MENTAL: ÚLTIMA SESIÓN FPB

BLOGS ORIENTACIÓN