CONMEMORACIÓN DO DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Hoxe, venres 24 de novembro, a comunidade educativa do Pedro Floriani reuniuse ás 12:00 horas para deixar claro o noso posicionamiento ante a violencia de xénero, o rexeitamento das súas manifestacións e das terribles consecuencias deste tipo de violencia contra a muller.


A chuvia non desluciu o acto organizado no patio pola vicedirección (Chus Leis), a biblioteca (Pilar Dios) e o departamento de orientación, coa axuda de Iván, profesor de FOL, e do profesor de música, Álvaro. Grazas!

O alumnado leu o discurso adaptado de "He for She", que deu a actriz Emma Watson como embaixadora da ONU-MULLERES, o cal podedes ver premendo aquí.

O noso agradecemento a todos e todas os participantes e, moi especialmente, ao alumnado que participou con dedicación na lectura: Ainoa (1º Bach), Chus (1º CFGM), Raúl (1º CFGS), Gabriel (1º CFGS) e Laura (2º CFGS). Grazas polo voso tempo. Sodes marabillosxs!

Deixámosvos con algunhas imaxes desta xornada. 
















Comentarios

Publicacións populares deste blog

PROMOCIÓN DA SAÚDE MENTAL: ÚLTIMA SESIÓN FPB

BLOGS ORIENTACIÓN