CHARLA "AS NOVAS TECNOLOXÍAS E OS SEUS RISCOS"


O pasado martes, 31 de outubro, tivo lugar no salón de actos do IES esta charla impartida por membros da Policía Nacional ao alumnado do 1º curso de FP Básica (á que se sumaron algúns e algunhas de 2º curso), incluída dentro do Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos (http://www.edu.xunta.gal/portal/plandirector)


Durante unha sesión explicáronnos que é a "pegada dixital", como todo aquelo que publicamos permanece na rede de Internet e o complexo que é eliminar o rastro que poden deixar os nosos comentarios, fotos e demais, cando os subimos a distintas redes sociais.

Coñecimos casos reais de delitos cometidos a través da rede, as consecuencias legais destes, e incluso como lle pode cambiar a vida a un futbolista cun futuro prometedor por un "tuit" escrito anos atrás.

Xa sabedes.... TEDE COIDADO AÍ FÓRA!







Comentarios

Publicacións populares deste blog

PROMOCIÓN DA SAÚDE MENTAL: ÚLTIMA SESIÓN FPB

BLOGS ORIENTACIÓN

PROTOCOLO - TRATAMENTO EDUCATIVO DO ALUMNADO CON TRASTORNO DO ESPECTRO DO AUTISMO (TEA)