Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2017

SE NON SON EU, ENTÓN QUEN? SE NON É AGORA, ENTÓN CANDO?

Imaxe
Deixámosvos cun vídeo-resumo da lectura do discurso contra a violencia de xénero do pasado venres, 24 de novembro, no patio do IES. Grazas á profesora de Tecnoloxía Rosa Otero !

REFLEXIÓN SOBRE A VIOLENCIA DE XÉNERO

Imaxe
Breve vídeo do xenial Eduardo Galeano , cunha intelixente reflexión acerca da violencia de xénero. #ninunhamenos

CONMEMORACIÓN DO DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Imaxe
Hoxe, venres 24 de novembro, a comunidade educativa do Pedro Floriani reuniuse ás 12:00 horas para deixar claro o noso posicionamiento ante a violencia de xénero, o rexeitamento das súas manifestacións e das terribles consecuencias deste tipo de violencia contra a muller . A chuvia non desluciu o acto organizado no patio pola vicedirección (Chus Leis), a biblioteca (Pilar Dios) e o departamento de orientación, coa axuda de Iván, profesor de FOL, e do profesor de música, Álvaro. Grazas! O alumnado leu o discurso adaptado de "He for She", que deu a actriz Emma Watson como embaixadora da ONU-MULLERES, o cal podedes ver premendo aquí . O noso agradecemento a todos e todas os participantes e, moi especialmente, ao alumnado que participou con dedicación na lectura: Ainoa (1º Bach), Chus (1º CFGM), Raúl (1º CFGS), Gabriel (1º CFGS) e Laura (2º CFGS). Grazas polo voso tempo.  Sodes marabillosxs! Deixámosvos con algunhas imaxes desta xornada. 

NON PERMITAS A VIOLENCIA DE XÉNERO

Imaxe
O sábado 25 de novembro "celébrase" o día internacional contra a violencia de xénero . Durante esta semana elaboráronse no IES carteis, frases e demais que dan visibilidade ao que é a violencia de xénero, as súas diferentes manifestacións e os terribles datos resultado desta violencia contra á muller no noso país, publicados nos taboleiros. Alumnado e profesorado participaron na gravación dun vídeo acerca do tema, organizada pola Biblioteca do centro. Mañá, todos e todas levaremos ese lazo violeta como símbolo da nosa repulsa a este tipo de violencia. Ás 12 horas leerase un discurso no patio do IES, actividade na que participarán o alumnado e o equipo docente e humano do Pedro Floriani .

NOVIDADES ABAU 2019

Imaxe
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria confirma que no ano 2019 a Avaliación do Bacharelato para o Acceso á Universidade (ABAU) celebrarase nos meses de xuño e xullo , adiantando así a actual convocatoria extraordianria do mes de setembro. Con isto preténdese mellorar a organización do inicio do curso nas universidades galegas. Ademais, en lugar de oito prazos de matrícula serán seis os chamamentos totais para a mesma nas distintas titulacións. De todos xeitos, a próxima convocatoria de 2018 continúa, como sempre, coas dúas convocatorias de xuño e setembro . Sí que se confirmaron xa cambios nas probas das materias de Lingua castelá, Inglés e Historia de España. Fonte: Consellería de Educación / A Voz de Galicia

PROTOCOLO DE PREVENCIÓN, DETECCIÓN E INTERVENCIÓN DO RISCO SUICIDA

Imaxe
A Consellería de Educación ven de publicar un novo protocolo en relación co risco suicida no ámbito educativo . Este protocolo é de gran importancia debido a recentes informes acerca do aumento de condutas suicidas nos últimos tempos na adolescencia.  Resulta un documento de gran interese e que podemos consultar en Educonvives.gal ou descargar premendo aquí .

"NON É BULLYING TODO O QUE O PARECE"

Imaxe
Así o afirma a psicóloga Inés Monjas . E é que as veces danse situacións de pequenos conflitos puntuais entre compañeiros e compañeiras ante os que o alumnado debería saber como reaccionar e cales son algunhas das estratexias que poden ser eficaces para desenvolverse con autonomía ante estes problemas. Coma sempre, o equipo educativo do instituto estará aí para atender ás demandas necesarias, pero non está demais ter en conta algunhas das indicacións que nos conta a orientadora Ana Torres no artigo que podedes ler premendo aquí. Fonte: Voz de Galicia

NORABOA! (LAURA PORTELA COUÑAGO)

Imaxe
Estamos de noraboa no IES. A alumna de 1º curso de bacharelato, Laura Portela Couñago , foi merecedora dun dos vinte premios extraordinarios da ESO ao rendemento académico que cada ano otorga a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.  PARABÉNS DE NOVO LAURA! Fonte: Faro de Vigo Podedes consultar a listaxe de premiados premendo aquí .

POSTA EN MARCHA DO EQUIPO DE MEDIACIÓN

Imaxe
O equipo de mediadores/as do IES, formado por alumnado da ESO e de Bacharelato durante este curso 17/18, tivo dúas sesións de formación nestes días coa finalidade de repasar todo o aprendido durante o curso pasado e poñer xa en marcha os seus coñecementos.  Repasamos as fases do proceso de mediación: 1. Premediación 2. Presentación e regras do xogo 3. Cóntame 4. Aclarar o problema 5. Propor solucións 6. Chegar ao acordo Visionamos algún vídeo e fixemos simulacros de distintos casos.

NOVAS TITULACIÓNS NAS UNIVERSIDADES GALEGAS

Imaxe
As universidades galegas veñen de implantar novos graos universitarios que poden ser de interese para moitos de vos. Ademais, outras titulacións desaparecen do noso mapa universitario. Podedes consultalos nesta noticia

CHARLA "AS NOVAS TECNOLOXÍAS E OS SEUS RISCOS"

Imaxe
O pasado martes, 31 de outubro, tivo lugar no salón de actos do IES esta charla impartida por membros da Policía Nacional ao alumnado do 1º curso de FP Básica (á que se sumaron algúns e algunhas de 2º curso), incluída dentro do Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos ( http://www.edu.xunta.gal/portal/plandirector ) Durante unha sesión explicáronnos que é a "pegada dixital", como todo aquelo que publicamos permanece na rede de Internet e o complexo que é eliminar o rastro que poden deixar os nosos comentarios, fotos e demais, cando os subimos a distintas redes sociais. Coñecimos casos reais de delitos cometidos a través da rede, as consecuencias legais destes, e incluso como lle pode cambiar a vida a un futbolista cun futuro prometedor por un "tuit" escrito anos atrás. Xa sabedes.... TEDE COIDADO AÍ FÓRA!