Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2016

BOAS VACACIÓNS

Imaxe
Imaxe
BECAS MEC. REQUISITOS ECONÓMICOS NOVEDADES 2016/2017   Fuente: Becas al estudio

OFERTA FP (CICLOS MEDIOS E CICLOS SUPERIORES) CURSO 2016/2017

Imaxe
Actualmente, a Formación Profesional pódese cursar por curso completo no réxime ordinario , na modalidade presencial –asistindo diariamente ao centro formativo- ou de xeito parcial por módulos formativos no réxime de persoas adultas , nas modalidades tanto presencial como a distancia .  A matrícula parcial por módulos permite que cada persoa deseñe o seu itinerario formativo en función da súa actividade laboral, das cargas familiares ou doutras actividades, respondendo así ás necesidades e aos intereses persoais ao longo da vida.  Nas seguintes ligazóns podes atopar para o curso 2016/2017 a oferta de ciclos formativos polo réxime ordinario —grao profesional básico, grao medio e grao superior—, a oferta modular polo réxime de persoas adultas nas modalidades presencial e a distancia, a oferta de prazas da formación profesional dual e a oferta de programas formativos de formación profesional básica.  Oferta de FP   Réxime ordinario, grao profesional básico, grao med

ADMISIÓN EN CICLOS FORMATIVOS - FORMACIÓN PROFESIONAL

Imaxe
Para estudar formación profesional, tanto no réxime ordinario como no de persoas adultas nos centros docentes sostidos con fondos públicos, é necesario participar nun proceso de admisión. Este proceso determina os requisitos de acceso que deben cumprir os solicitantes, así como os prazos de presentación de solicitudes e matrícula.  A solicitude deberá realizarse mediante o asistente informático vía web para todos os réximes e graos, agás para o segundo curso do réxime ordinario.  Logo de realizada a solicitude web, a aplicación informática xera un impreso con instrucións individualizadas para cada solicitante. O impreso xerado pola aplicación informática indica a documentación que cómpre achegar. Esta documentación cos impresos xerados deberá ser entregada, en prazo, en calquera centro público de Galicia con oferta de ciclos formativos de formación profesional. Este documento será validado polo centro e unha das copias será selada e entregada á persoa solicitante. Sen estes

FORMACIÓN PROFESIONAL DUAL

Imaxe
A Consellería de Educación ven de publicar a Orde do 6 de xuño de 2016 , pola que se autorizan proxectos experimentais de fomación profesional dual de ciclos formativos, en colaboración con diversas entidades. Os proxectos autorizados poden consultarse nos seguintes enlaces e inclúen tanto CICLOS DE GRAO MEDIO como CICLOS DE GRAO SUPERIOR: Clasificada por familia profesional e ciclo formativo (actualizado 16/06/2016) Clasificada por provincia e concello (actualizado 16/06/2016) Requisitos para solicitar praza :  Ter entre dezaoito e vinte e nove ou feitos no ano natural en que comece o ciclo formativo. Cumprir os requisitos de acceso aos ciclos formativos, para poder matricularse en todos os módulos profesionais do ciclo formativo correspondente. Carecer da cualificación profesional, obtida e recoñecida polo sistema de formación para o emprego ou do sistema educativo, requirida para concertar un contrato en prácticas para o posto de traballo ou a ocupac

FELICIDADES!

Imaxe

PREINSCRIPCIÓN E MATRÍCULA NA UNIVERSIDADE

Imaxe
Tes de prazo para facer a preinscripción na universidade en Galicia desde o 20 de Xuño ao 1 de Xullo do 2016 .  Recorda que todas as carreiras en Galicia teñen límite de prazas, polo que terás que facer obligatoriamente unha preinscripción , esperar a ser admitido e logo a matricula .  Debes estar moi atento ás listas de admitidos e aos prazos de matrícula.  Aquí tes todas as normas acerca do procedemento de preinscripción .  Tamén podes consultar o procedemento de preinscripción na web da CIUG .  Podes facer a preinscripción online a través de NERTA ou entregando o impreso en papel nos LERDS. Si realizas a preinscripción en nerta debes ler antes as instrucións de uso da aplicación. MATRÍCULA NA UNIVERSIDADE GALICIA 2016-2017: Calendario - Procedemento - Lugares.  PARA ESTUDAR FÓRA DE GALICIA: Si desexas estudar fóra de Galicia debes consultar as normas e os prazos da universidade á que desexas acceder. A través destes enlaces poderás informarte.  Yaq.é: P

ENTREGA ORLAS 2016

Imaxe

DONDE TUS SUEÑOS TE LLEVEN

Imaxe

CIUG - RESUMO DO ACCESO A UNIVERSIDADE

Imaxe
RESUMO DO QUE NOS QUEDA POR FACER  CIUG 15 de xuño :   Publicación dos criterios específicos de avaliación de cada materia  (WEB da CiUG ). 17 de xuño :  Cualificacións provisionais da PAU , difusión a través de Internet e exposición na CiUG das actas provisionais da PAU (a partir das 20,00 horas) e envío polos responsables do soporte NERTA aos interesados, por correo electrónico, das cualificacións provisionais da PAU. 18 a 21 xuño :  Solicitudes de reclamación  e  segunda corrección  das cualificacións das PAU. No caso de desacordo con algunha nota deberás valorar a conveniencia de solicitar reclamación ou segunda corrección. No seguinte enlace da CiUG tedes unha explicación do proceso e das posibles consecuencias:  http://ciug.cesga.es/reclamacion.php 21 xuño : Os LERD  enviarán por correo aos centros de ensino secundario as  Tarxetas de cualificación da PAU . 23 xuño : fanse públicas as as cualificacións despois da resoluci

IES PEDRO FLORIANI

Imaxe
IES PEDRO FLORIANI - REDONDELA

TDAH: LAS VIDAS DE MARIO

Imaxe
Proxecto As vidas de Mario , unha campaña de concienciación social sobre o TDAH que pretende fomentar o coñecemento sobre a importancia do apoio das persoas da contorna na evolución do TDAH ao longo da vida.  As veces cústanos pensar, que aqueles que non son os pacientes, que non son os protagonistas nesta historia do TDAH, poidan ter un papel tan fundamental no desenvolvemento das persoas afectadas. Pero a realidade é que a implicación da contorna, en concreto da familia e dos profesores na idade infantil, é decisiva.   A túa comprensión, apoio e axuda, son os elementos máis importantes que os nenos/alumnos con TDAH necesitan para construírse como persoas. Para enfrontarse á falta de autoestima, ao estigma, ao rexeitamento por parte doutros nenos, ás malas notas, ás constantes rifas e castigos, ... Ante semellantes desalentos é difícil atopar onde agarrarse para ser aquela persoa que queres ser, pero non podes ser, porque tes TDAH e ninguén che axuda.  Por iso, ti, que es act

XORNADA DE ACOLLIDA PARA ALUMNADO DE 6º PRIMARIA

Imaxe
Video da xornada de acollida do alumnado de 6º primaria   

GRAO EN ENXEÑARÍA AEROESPACIAL EN OURENSE

Imaxe
Grao en enxeñaría aeroespacial

CENTROS RESIDENCIAIS, BACHARELATO E CICLOS FORMATIVOS

Imaxe
Xúntase  a Orde do 25 de maio de 2016 pola que se convocan prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2016/17. O prazo de presentación de solicitudes en período ordinario será: Para o alumnado matriculado en bacharelato, entre o día seguinte ao da publicación desta convocatoria e o 15 de xullo de 2016 (este incluído). Para o alumnado matriculado en ciclos formativos, entre o día seguinte ao da publicación desta convocatoria e o 8 de agosto de 2016 (este incluído). CENTROS RESIDENCIAIS DOCENTES  

HUMOR NA SELECTIVIDADE

Imaxe

MOITA SORTE

Imaxe

GUÍA DE ESTUDOS SUPERIORES

Guia de información de estudos superiores 2016 elaborada  por Alberto Del Mazo nol Blog Orientapas

UN POUCO DE HUMOR

Imaxe

ORIENTACIÓN ACADÉMICA PARA 4º ESO

ORIENTACIÓN ACADÉMICA PARA 3º ESO

ORIENTACIÓN ACADEMICA PARA 2º ESO

GUÍA DE ESTUDOS SUPERIORES E DE POSTGRADO

Imaxe
GUÍA

O CUBO DE RUBIK CON ROI

Imaxe
O cubo de Rubik (ou tamén chamado o cubo máxico) é un puzzle mecánico inventado polo escultor e profesor de arquitectura Ernő Rubik no ano 1974. Orixinalmente foi chamado "o cubo máxico" polo seu inventor, pero o nome foi trocado máis adiante por Ideal Toys en 1980 a "cubo de Rubik". Neste mesmo ano, gañou o premio alemán de "Xogo do Ano" .  Estímase que se teñen vendido máis de 350 millóns de cubos de Rubik ao longo do mundo enteiro, facéndoo o puzzle mellor vendido do mundo. O seu mecanismo sinxelo sorprende tanto desde o punto de vista mecánico, ao estudar o seu interior, como pola complexidade das combinacións que se conseguen ao xirar as súas caras.  Moitas veces miramos na televisión a alguén facendo o cubo de Rubik e quedamos alucinados coa rapidez e facilidade coa que o resolve. Pois non moi lonxe, na nosa clase ou na clase do lado, no noso instituto temos a Roi, un alumno, que é quen de facer este cubo en menos de 39 segundos, ou menos.

VISITANDO A UNIVERSIDADE DE VIGO

Imaxe
VIDEO DA VISITA AO CUVI 2016

HORARIO PAU 2016

Imaxe

AXUDAS GRAOS

AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Imaxe
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación universitaria convoca axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2016/17. Prazos de presentación de solicitudes:  Dende o 18 ao 23 de xuño de 2016.  O alumnado que, unha vez transcorrido o prazo indicado, se incorpore a un centro docente sostido con fondos públicos procedente de fóra de Galicia ou dun centro situado en Galicia pero non sostido con fondos públicos poderá presentar a solicitude no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte á formalización da matrícula. Non se poderán presentar solicitudes despois do 31 de marzo de 2017.  O alumnado que repita 4º da ESO no curso 2016/17, cando non tivese presentado solicitude de axuda para adquirir libros de texto e material escolar no prazo indicado, tamén poderá presenta

EXCURSIÓN DE MEDIACIÓN

Imaxe
EXCURSIÓN MEDIACIÓN

PRECIOS MATRICULA UNIVERSIDADE DE VIGO

ENSINANZAS ARTÍSTICAS

Imaxe
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ven de dictar instrucións para o acceso e admisión dalgunhas das ensinanzas artísticas superiores que se imparten na Comunidade Autónoma de Galicia. Instrucións para o acceso  ás ensinanzas artísticas superiores reguladas pola Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para os aspirantes que non estean en posesión do título de bacharel : convócanse probas de acceso, para o curso 2016-17, para os aspirantes que non estean en posesión do título de bacharel ou equivalente e fagan dezaoito anos no ano 2016, para as ensinanzas artísticas superiores de  .- Arte Dramática , .- Deseño , .- Conservación e Restauración de Bens Culturais Así como para os aspirantes que non estean en posesión do título de bacharel ou equivalente e fagan dezaseis anos no ano 2016 para as ensinanzas artísticas superiores de Música Instrucións para o acceso e admisión do alumnado nas ensinanzas superiores de Arte Dramá

BECAS MEC - UNIVERSIDADE

Fonte: Orienta As Barxas

QUE ESTUDAR DESPOIS DE BACHARELATO?

Imaxe
QEDU EXPOSICIÓN SOBRE DIFERENTES GRAOS DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA, SANTIAGO E VIGO. INFORMACIÓN SOBRE CICLOS FORMATIVOS. INFORMACIÓN XERAL SOBRE UNIVERSIDADES. INFORMACIÓN DAS PAU, NOTAS DE CORTE, BECAS, ...

ACOSO ESCOLAR

Imaxe

BULLYING

Imaxe
Sabes o que sinte un neno cando lle fan bullying? Con este video o que se pretende é que te poñas na pel do acosado.

PAU 2016

Imaxe
HORARIO DA PAU CONVOCATORIA 

PROTOCOLO IDENTIDADE DE XÉNERO

Imaxe
PROTOCOLO IDENTIDADE DE XÉNERO

BANDEIRA DE REDONDELA

Imaxe
O Concello de Redondela dispoñerá dunha bandeira oficial como ensina do municipio, tras ser aprobada onte por unanimidad no pleno da corporación.  O distintivo de Redondela, que conta co aval da Comisión de Heráldica da Xunta, está formado por un fondo de cor granate coa "erre" mayúscula no centro en cor amarela -simbolizando o ouro-, acompañada de tres conchas de vieira do mesma cor, dúas situadas na parte superior e outra na inferior.  A proposta do goberno local parte dun informe histórico e heráldico encargado fai dous anos ao Seminario de Estudos Redondelán (Seren) en relación ao escudo e a bandeira. O cambio do escudo foi aprobado en 2014 para poder rexistralo como símbolo oficial ante a Comisión de Heráldica da Xunta, xa que o anterior incumplía a normativa posto que tiña as tres conchas de ouro sobre un fondo branco -que representa un campo de prata-, e as regras heráldicas non permiten ir xuntos dous metais. Isto resolveuse cambiando a cor branca por un fondo

ACCESO E ADMISIÓN NAS ENSINANZAS SUPERIORES DE MÚSICA PARA O CURSO 2016/2017

Imaxe
Resolución do 14 de abril de 2016 , da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o acceso e admisión do alumnado ás ensinanzas superiores de Música para o curso 2016/17. A inscrición farase na secretaría dos conservatorios superiores de música de Galicia, no prazo comprendido entre o 29 de abril  e o día 6 de xuño, ambos incluídos.

ACCESO E ADMISIÓN NAS ENSINANZAS SUPERIORES DE ARTE DRAMÁTICA PARA O CURSO 2016/2017

Imaxe
ESAD (Escola Superior de Arte Dramática) A Resolución do 14 de abril de 2016 , da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o acceso e admisión do alumnado nas ensinanzas superiores de Arte Dramática para o curso 2016/17. Inscrición para realizar as probas: A inscrición farase na Secretaría da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, no prazo comprendido entre o 29 de abril e o día 14 de xuño , ambos incluídos . REQUISITOS DE ACCESO: Título de Bacharelato ou Proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos. No caso de ter materias pendentes de bacharelato é posible realizar as probas e matricularse provisionalmente nas ensinanzas, tendo ata o inicio de curso (comezos de setembro) prazo para acreditar a obtencióndo título de Bacharelato.  PROBAS: - Proba común a todas as especialidades:  Análise dun fragmento dunha obra literaria.   Análise dun fragmento dun

PROBAS DE ACCESO A ENSINANZAS ARTÍSTICAS SUPERIORES 2016

Imaxe
A Consellería publicou a convocatoria de probas de acceso para os aspirantes que non estean en posesión do título de bacharelato ou equivalente , e cumpran 19 anos no ano 2016, ás ensinanzas artísticas, para o curso 2016/2017.  Prazo de inscrición para realizar a proba: Do 29 de abril ao 30 de maio de 2016 Lugares de inscrición : na secretaría dos seguintes centros.  – Conservatorio Superior de Música da Coruña. – Conservatorio Superior de Música de Vigo. – Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso da Coruña. – Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo de Santiago de Compostela. – Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón de Lugo. – Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Faílde de Ourense. – Escola Superior de Arte Dramática de Galicia. – Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia. Para a formalización da inscrición os centros superiores facilitaranlle ás persoas interesadas o modelo de soli

FRASES QUE DÍN TODOS OS PROFESORES

Imaxe

OBRADOIRO DE PREVENCIÓN DE CONDUTAS VIOLENTAS

Imaxe
Hoxe pola mañá tivemos no instituto ao voluntario da CRUZ VERMELLA para impartir o programa de  prevención de condutas violentas, para o alumnado de 1º de CM de xestión administrativa e 1º de CM de instalacións de telecomunicacións.  Traballáronse diferentes conceptos básicos, as diferentes tipos e manifestacións da violencia, estratexias para a igualdade, resolución de conflitos sen violencia, fomento da conviencia, etc.