viernes, 24 de junio de 2016

OFERTA FP (CICLOS MEDIOS E CICLOS SUPERIORES) CURSO 2016/2017


Actualmente, a Formación Profesional pódese cursar por curso completo no réxime ordinario, na modalidade presencial –asistindo diariamente ao centro formativo- ou de xeito parcial por módulos formativos no réxime de persoas adultas, nas modalidades tanto presencial como a distancia

A matrícula parcial por módulos permite que cada persoa deseñe o seu itinerario formativo en función da súa actividade laboral, das cargas familiares ou doutras actividades, respondendo así ás necesidades e aos intereses persoais ao longo da vida. 

Nas seguintes ligazóns podes atopar para o curso 2016/2017 a oferta de ciclos formativos polo réxime ordinario —grao profesional básico, grao medio e grao superior—, a oferta modular polo réxime de persoas adultas nas modalidades presencial e a distancia, a oferta de prazas da formación profesional dual e a oferta de programas formativos de formación profesional básica. 


 Réxime ordinario, grao profesional básico, grao medio e grao superior: 

 Para saber mais sobre a FP: información xeral  

http://www.edu.xunta.es/fp/oferta-formacion-profesional-polo-rexime-ordinario-persoas-adultas-en-centros-publicos-para-curso-20
 

ADMISIÓN EN CICLOS FORMATIVOS - FORMACIÓN PROFESIONAL

Para estudar formación profesional, tanto no réxime ordinario como no de persoas adultas nos centros docentes sostidos con fondos públicos, é necesario participar nun proceso de admisión. Este proceso determina os requisitos de acceso que deben cumprir os solicitantes, así como os prazos de presentación de solicitudes e matrícula. 

A solicitude deberá realizarse mediante o asistente informático vía web para todos os réximes e graos, agás para o segundo curso do réxime ordinario. 

Logo de realizada a solicitude web, a aplicación informática xera un impreso con instrucións individualizadas para cada solicitante. O impreso xerado pola aplicación informática indica a documentación que cómpre achegar. Esta documentación cos impresos xerados deberá ser entregada, en prazo, en calquera centro público de Galicia con oferta de ciclos formativos de formación profesional. Este documento será validado polo centro e unha das copias será selada e entregada á persoa solicitante. Sen estes requisitos, a solicitude carece de validez e non será tida en conta no proceso de admisión. 

No caso de que o impreso xerado pola aplicación informática indique que se trata dun documento xa validado e que non é necesario entregalo nun centro, non será preciso máis trámite, pero o documento impreso deberase conservar como resgardo da solicitude de admisión. 

• Instrucións sobre como realizar a solicitude web (Pendente de publicación
• A solicitude web realizarase na seguinte ligazón: Solicitude (Pendente de publicación)

O prazo de presentación de solicitudes é:
Período ordinario: do 27 de xuño ao 5 de xullo.
Periodo extraordinario: do 5 ao 8 de setembro.



FORMACIÓN PROFESIONAL DUAL

A Consellería de Educación ven de publicar a Orde do 6 de xuño de 2016, pola que se autorizan proxectos experimentais de fomación profesional dual de ciclos formativos, en colaboración con diversas entidades.

Os proxectos autorizados poden consultarse nos seguintes enlaces e inclúen tanto CICLOS DE GRAO MEDIO como CICLOS DE GRAO SUPERIOR:
Requisitos para solicitar praza

  • Ter entre dezaoito e vinte e nove ou feitos no ano natural en que comece o ciclo formativo.
  • Cumprir os requisitos de acceso aos ciclos formativos, para poder matricularse en todos os módulos profesionais do ciclo formativo correspondente.
  • Carecer da cualificación profesional, obtida e recoñecida polo sistema de formación para o emprego ou do sistema educativo, requirida para concertar un contrato en prácticas para o posto de traballo ou a ocupación obxecto do proxecto.
  • Non ter realizado con anterioridade un contrato de formación e aprendizaxe, e cumprir os requisitos establecidos na normativa laboral vixente para poder efectualo.
  • Non ter superado ningún módulo profesional do ciclo formativo do proxecto solicitado, agás que fose cursando outro ciclo formativo.

  • Prazo de presentación de solicitudes: 
    Do 17 de xuño ata as 13:00 horas do 28 de xuño de 2016, no centro educativo onde solicita praza.
    A solicitude de admisión, farase conforme ao anexo I, recollida na Orde do 6 de xuño de 2016.

    domingo, 19 de junio de 2016

    FELICIDADES!


    PREINSCRIPCIÓN E MATRÍCULA NA UNIVERSIDADE

    Tes de prazo para facer a preinscripción na universidade en Galicia desde o 20 de Xuño ao 1 de Xullo do 2016
    Recorda que todas as carreiras en Galicia teñen límite de prazas, polo que terás que facer obligatoriamente unha preinscripción, esperar a ser admitido e logo a matricula
    Debes estar moi atento ás listas de admitidos e aos prazos de matrícula. 
    Aquí tes todas as normas acerca do procedemento de preinscripción
    http://ciug.gal/PDF/convocastella.pdf


    http://ciug.gal/preins.php

    Podes facer a preinscripción online a través de NERTA ou entregando o impreso en papel nos LERDS. Si realizas a preinscripción en nerta debes ler antes as instrucións de uso da aplicación. MATRÍCULA NA UNIVERSIDADE GALICIA 2016-2017: Calendario - Procedemento - Lugares. 

    PARA ESTUDAR FÓRA DE GALICIA: Si desexas estudar fóra de Galicia debes consultar as normas e os prazos da universidade á que desexas acceder. A través destes enlaces poderás informarte. 

    domingo, 12 de junio de 2016

    DONDE TUS SUEÑOS TE LLEVEN


    CIUG - RESUMO DO ACCESO A UNIVERSIDADE

    RESUMO DO QUE NOS QUEDA POR FACER 



    15 de xuño: Publicación dos criterios específicos de avaliación de cada materia (WEB da CiUG).
    17 de xuñoCualificacións provisionais da PAU, difusión a través de Internet e exposición na CiUG das actas provisionais da PAU (a partir das 20,00 horas) e envío polos responsables do soporte NERTA aos interesados, por correo electrónico, das cualificacións provisionais da PAU.
    18 a 21 xuño: Solicitudes de reclamación e segunda corrección das cualificacións das PAU. No caso de desacordo con algunha nota deberás valorar a conveniencia de solicitar reclamación ou segunda corrección. No seguinte enlace da CiUG tedes unha explicación do proceso e das posibles consecuencias: http://ciug.cesga.es/reclamacion.php
    21 xuño: Os LERD enviarán por correo aos centros de ensino secundario as Tarxetas de cualificación da PAU.
    23 xuño: fanse públicas as as cualificacións despois da resolución das reclamacións e solicitudes de 2ª corrección.
    20 xuño a 1 xulloSolicitude Ordinaria de Admisión (Preinscrición) para cursar ensinanzas universitarias oficiais de Grao no SUG (Sistema Universitario de Galicia). No seguinte enlace tedes a oferta de prazas en graos universitarios nas Universidades Galegas: http://ciug.gal/PDF/ofertaycortes16.pdf. Esta oferta de prazas para o curso 2016/17 é provisional e está pendente de aprobación pola Conferencia General de política universitaria.
    - Esta solicitude poderase facer a través da aplicación NERTA, non sendo preciso neste caso a entrega da mesma nos LERD (Lugares de Envío e Recollida de Documentación). É recomendable a aprendizaxe de uso do programa NERTA para facer as solicitudes anteriores: http://ciug.cesga.es/PDF/nertaalumnadoinstrucions.pdf
    - No seguinte enlace da CiUG tes información sobre o proceso de admisión: http://ciug.cesga.es/preins.php
    30 xuño: Publícanse as cualificacións despois de resolver as solicitudes de reclamación e segunda corrección.
    2 xullo: Cualificacións definitivas despois das reclamacións ao resultado da segunda corrección se é o caso.
    12 xullo:
    - Publicación na CiUG e nos LERD das listaxes de admitidos e de espera do Primeiro Prazo de matrícula.
    - Exposición na Internet, ás 18.00 horas, das listaxes de admitidos e de espera do Primeiro Prazo de matrícula.
    - Envío polos responsables do NERTA aos interesados, por correo electrónico, do estado da súa matrícula.
    1º PRAZO DE MATRÍCULA nas universidades galegas: do 13 ao 15 de xullo (ata 14.00 horas do día 15)
    2º PRAZO DE MATRÍCULA nas universidades galegas: do 20 ao 22 de xullo (ata 14.00 horas do día 22)
    3º PRAZO DE MATRÍCULA nas universidades galegas: do 27 ao 29 de xullo (ata 14.00 horas do día 29)
    Procedemento de matrícula nas universidades galegas - CiUG:http://ciug.cesga.es/procedementoacceso.php
    Lugares de matrícula das tres universidades galegas: http://ciug.cesga.es/lugares.php



    Fonte: Blog de orientación do IES DO CASTRO DE VIGO 

    sábado, 11 de junio de 2016

    IES PEDRO FLORIANI

    https://drive.google.com/open?id=0B0VicdjQERCoSkY3a3U5YVI4eUE

    TDAH: LAS VIDAS DE MARIO

    Proxecto As vidas de Mario, unha campaña de concienciación social sobre o TDAH que pretende fomentar o coñecemento sobre a importancia do apoio das persoas da contorna na evolución do TDAH ao longo da vida. 
    As veces cústanos pensar, que aqueles que non son os pacientes, que non son os protagonistas nesta historia do TDAH, poidan ter un papel tan fundamental no desenvolvemento das persoas afectadas. Pero a realidade é que a implicación da contorna, en concreto da familia e dos profesores na idade infantil, é decisiva. 
     A túa comprensión, apoio e axuda, son os elementos máis importantes que os nenos/alumnos con TDAH necesitan para construírse como persoas. Para enfrontarse á falta de autoestima, ao estigma, ao rexeitamento por parte doutros nenos, ás malas notas, ás constantes rifas e castigos, ... Ante semellantes desalentos é difícil atopar onde agarrarse para ser aquela persoa que queres ser, pero non podes ser, porque tes TDAH e ninguén che axuda. 
    Por iso, ti, que es actor secundario nesta historia, aprende o teu papel, porque parte da solución depende da túa actitude fronte ao TDAH. 

    Non deixes de ver este video, en positivo ou en negativo
    http://www.lasvidasdemario.com/

    viernes, 10 de junio de 2016

    XORNADA DE ACOLLIDA PARA ALUMNADO DE 6º PRIMARIA

    GRAO EN ENXEÑARÍA AEROESPACIAL EN OURENSE

    CENTROS RESIDENCIAIS, BACHARELATO E CICLOS FORMATIVOS


    Xúntase  a Orde do 25 de maio de 2016 pola que se convocan prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2016/17.
    • O prazo de presentación de solicitudes en período ordinario será:
    1. Para o alumnado matriculado en bacharelato, entre o día seguinte ao da publicación desta convocatoria e o 15 de xullo de 2016 (este incluído).
    2. Para o alumnado matriculado en ciclos formativos, entre o día seguinte ao da publicación desta convocatoria e o 8 de agosto de 2016 (este incluído).
    CENTROS RESIDENCIAIS DOCENTES